Curso intensivo de Monitores/as de actividades de tempo libre en Betanzos

30 Abr 2018

A Escola de Tempo Libre Querqus organiza un curso intensivo de Monitores/as de actividades de tempo libre en Betanzos
Datas:  Do 7 a 29 de xullo de 2018.
Horario:  de 9h a 14h e de 15:30h a 20:30h. Esta é a modalidade intensiva polo que as clases serán tódolos días, incluídos sábados e domingos, aínda que haberá un día de descanso por cada cinco de clases. O curso ten unha duración de 200 horas lectivas e 150 horas de prácticas.
Lugar:   O curso celebrarase no Espazo Xove de Betanzos. Rúa Valdoncel 7. Betanzos
Prezo:  260 € (con desconto, 250 ou 240 euros). Descontos por carné xove, membros de AAXX, membros da fundación Fragas do Mandeo  e desempregados

Máis información:
Escola de Tempo Libre Querqus
etlquerqus@gmail.com
Teléfono 651 921 380
Tamén no teléfono do Espazo Xove 881 880 279 (polas tardes)