Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018

30 Abr 2018

A Consellería de Política Social convoca campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade.

Permiten pasalo ben, durante 10 días, convivindo e relacionándote con outras persoas nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro.
Para iso, faranse actividades para fomentar:
- as habilidades sociais.
- o contacto coa terra.
- o coñecemento da propia cultura.
- a educación para a saúde.

Persoas que poden asistir
Persoas con discapacidade entre os 11 e os 40 anos e que teñen unha limitación ou necesidade especial.

Condicións para poder asistir:
- Ter unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Ter entre 11 e os 40 anos. Cando empeza a actividade, tes que ter cumprida a idade mínima fixada e non superar a idade máxima fixada cando se remate.
- Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
- Non ter unha enfermidade que se poida transmitir por contaxio.
- Non ter problemas de comportamento ou de conduta.
- Poder comunicarse e poder participar nas actividades que se van facer.
- Ter unha mobilidade axeitada para poder desprazarse polo lugar solicitado.

Servizos que inclúe:
- Aloxamento no lugar solicitado.
- Todas as comidas do día están incluídas: almorzo, comida, merenda e cea.
- Actividades socioculturais.
- Material necesario para as actividades.
- Profesionais especialistas en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
- Atención médica en primeiros auxilios.
- Seguro de accidentes.

Destinos:

campamentosdiscapacidadesdestinos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Modelo de solicitude e de informe médico:
A solicitude farase no modelo oficial. Ten que asinalo o pai/nai ou titor da persoa con discapacidade.
O informe médico farase no modelo oficial. Ten que asinalo o médico.
Estes 2 modelos oficiais están colgados na páxina web:
http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada;jsessionid=D56A6613DB4BB0D26AA942C3BF0A2CE6

Prazo e lugares para presentar as solicitudes:
A solicitude pódese facer ata o 30 de maio incluído.
As solicitudes e documentación, pódense presentar nos rexistros da Xunta, rexistros dos concellos, oficina de Correos... ou a través doutras vías. (Ver todas as opcións na Lei 39/2015, do 1 de outubro).

As solicitudes teñen que ir dirixidas ao seguinte enderezo:
Consellería de Política Social.
Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
15781 Santiago de Compostela.

Para máis información xeral, podes chamar o ir ao teléfono social gratuíto: 900 333 666.

Aos servizos de Dependencia e Autonomía Persoal situados en:
A Coruña
Rúa Concepción Arenal, nº 7-9 - 15006 A Coruña.
Teléfono 881 881 528.
Lugo
Rúa Serra de Ancares, nº 68 baixo - 27003.Lugo.
Teléfono 982 889 132.
Ourense
Rúa Sáenz Díez, nº 33 - 32003 Ourense.
Teléfono 988 386 178.
Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar - 36201 Vigo.
Teléfono 986 817 217.

Servizos de Xuventude e Voluntariado.
Servizos sociais comunitarios dos concellos.
Servizos sociais dos centros de saúde.

Para información sobre a xestión dos campamentos, envío de documentación, valoración de solicitudes e concesión de prazas, pregunta ao Servizo de Prevención da Dependencia:
Teléfonos: 981 547 437, 981 546 737, 981 544 640.
Correo electrónico: autonomiapersoal.sxps@xunta.gal