Historia da Filosofía en 2º de Bacharelato

25 Abr 2018

No DOG do 25 de abril publícase a introducción da Historia da Filosofía no currículo de 2º de Bacharelato:

O alumnado cursará no segundo curso de bacharelato e dentro da modalidade correspondente as seguintes materias:

a) Catro materias xerais do bloque de materias troncais.
b) Dúas materias de entre as materias troncais de opción. O alumnado que opte pola modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais deberá cursar a materia de Historia da Filosofía.
c) Lingua Galega e Literatura.
d) Un mínimo de dúas e un máximo de tres materias de entre as materias específicas de elección. Os centros ofertarán obrigatoriamente a materia de Historia da Filosofía, dentro do grupo de materias específicas, para o alumnado das modalidades de Ciencias e de Artes, e será de libre elección para o alumnado.