Albergue xuvenil Gerardo Diego (Solórzano - Cantabria) Cine

Albergue xuvenil Gerardo Diego Solórzano Cantabria CineDatos xerais:

O albergue está situado no municipio de Solórzano, na zona oriental de Cantabria. Situado nun fermoso val atravesado por un pequeno río, o Campiezo. Punto de partida ideal para coñecer tanto o interior oriental de Cantabria como as súas costas. En menos de trinta minutos pódese gozar dos Vales Pasiegos, das espectaculares fervenzas do río Asón ou as praias de Somo, Illa, Noja e Laredo. O albergue é un fermoso casarón con amplo xardín, piscina, e unha zona de volei praia. O albergue está completamente adaptado para persoas con discapacidade. O aloxamento realízase en habitacións compartidas con liteiras. Dispón de aula polivalente para presentacións, formación, actividades...

Enderezo:

Albergue Juvenil Gerardo Diego de Solórzano

Barrio Quintana s/n

39738 Solórzano

Cantabria

Teléfono: 942 20 83 72

https://reaj.com/albergues/juvenil-gerardo-diego/

Actividades

Experiencias en todos os roles artísticos e técnicos dunha rodaxe cinematográfica, aprender a facer unha análise crítica (interpretativa e técnica) dun filme. Actividades de tempo libre: saídas turística e de praia, surf, piscina, obradoiro de igualdade, obradoiro de desenvolvemento sostible, obradoiro de maquillaxe de cine, máster class dun/ha actor/actriz ou director/a de cine ou televisión, xincanas, rafting, veladas...

Equipamento persoal

Documentación necesaria

  • DNI ou pasaporte
  • Cartilla sanitaria da Seguridade Social ou outro tipo de seguro médico

Medicamentos

  • Se o/a participante require unha dieta específica, é obrigatorio presentar un xustificante médico

Material recomendado

  • Útiles para a praia/piscina: bañador, gorra para o sol/protector solar, chanclas, toalla.
  • Útiles de aseo persoal, toalla. Bolsa para a roupa sucia.
  • Roupa cómoda e deportiva, chuvasqueiro e roupa de abrigo. Pantalóns cortos e longos. Camisetas.
  • Calzado cómodo, deportivo e de montaña. Sandalias.
  • Saco de durmir e lanterna con pilas de reposto, cantimplora e mochila tamaño mediano para excursións.

Recomendacións. non levar:

  • Obxectos de valor (teléfonos móbiles, cámaras dixitais…)
  • Grandes sumas de cartos
  • Calquera tipo de obxecto cortante ou perigoso