Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar (Vilasantar)

 Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar 1

 

Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar 2

 

A Matés s/n, 15685 Vilasantar

A Coruña- Vilasantar:
Pola AP9, dirección Lugo-Madrid. Saída 565 dirección Curtis. Incorporación AC-840. Na rotonda, toma a segunda saída, dirección Melide. Toma saída AC-194 dirección Vilasantar.
Distancia desde a Coruña: 50 km
Santiago- Vilasantar:
AG-54 dirección Lugo/Aeroporto/Oviedo. Na rotonda tomar a 2ª saída, dirección Oviedo/ N-634.
Continuar por N-634, na rotonda tomar primeira saída AC-840, dirección Melide.Toma saída AC-194 dirección Vilasantar.
Distancia desde Santiago: 55 km
Lugo- Vilasantar
A6 en dirección A Coruña. Saída 540 hacia N-634, en dirección Santiago de Compostela. Continuar por N-634. Na rotonda tomar terceira saída AC-840, dirección Melide.Toma saída AC-194 dirección Vilasantar.
Distancia desde Lugo: 70 km
T. 693 747 500

A Escola de Agricultura Ecolóxica atópase na Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, no concello de Vilasantar. Un concello do interior da provincia da Coruña, para desfrutar da natureza. Bañado polos ríos Tambre, Cabalar e Gándaras, conta cun fermoso patrimonio etnográfico, natural e arquitectónico.

    • SABOREA A VIDA DO RURAL

ACTIVIDADES
Educación ambiental:  separación de residuos e arte con reciclaxe, plantación de árbores autóctonas; actividades na horta e fabricación de xabóns artesanais; roteiros:  Santa María de Mezonzo, o Batán, Pazo de Mende e Mosteiro de Sobrado dos Monxes; outras actividades: xogos populares e deporte, proxección de películas, concertos e representacións teatrais.

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Saborea a vida do rural

10-17/07

11-12-13-14

148 €

150028

20-27/07

11-12-13-14

148 €

150029

 

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.