Alberge Xuvenil LUG2 (Lugo)

ALBERGUE XUVENIL LUG2 Lugo

Rúa Pintor Corredoira, 4  27002 Lugo
https://goo.gl/maps/3dNHkDwdZt5ZFQHH6
T. 982 828496
O Albergue Xuvenil Lug II foi inaugurado nos anos 60 como centro educativo residencial e reformado no ano 2009. Atópase situado a pouco máis de 5 minutos do centro da cidade de Lugo e a pouca distancia da natureza que nos ofrece o río. O centro consta de tres plantas cunha capacidade para 75 prazas. Na planta baixa atópase:
   • Recepción
   • Cociña
   • Comedor, con capacidade para máis de 100 persoas
   • Baños xerais
   • Salón de actos para 80 persoas equipado con aparellos de son e imaxe
  • 2 zonas wi-fi no edifico

Ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

    • O MUSICAL

ACTIVIDADES
Expresión corporal: obradoiros de expresión corporal, cancións, danza, improvisación, decorados, iluminación, son, vestiario e publicidade. Lipdub colectivo e ensaios dun musical; deportivas: escalada, tiro con arco, deportes alternativos, lugopoly, piscina fluvial; outras actividades: obradoiros de podcast e comunicación asertiva.

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de piscina fluvial ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

O Musical

01-08/07

05-06-07-08

148 €

270025

11-18/07

05-06-07-08

148 €

270026

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

• AYCH TECH & SPORTS

ACTIVIDADES
Audiovisuais: creación e edición de vídeo e podcast, obradoiro de drons, realidade virtual, metaverso, realidade virtual con gafas e seguridade en redes, masterclass de smartphone, web-app e usos do 3D;   deportivas: escalada, tiro con arco, láser tag, xeolocalización, rastrexo fotográfico, escape room e piscina fluvial; outras actividades: estampación de camisetas.

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de piscina fluvial ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.

CAMPAMENTO

QUENDA

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

AYCH Tech & Sports

21-28/07

05-06-07-08

148 €

270027

01-08/08

05-06-07-08

148 €

270028

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

• DESIGN CAMP. DESEÑA O TEU FUTURO

ACTIVIDADES
De emprendemento: coñecemento da Axenda 2030, deseño dunha cidade do futuro e creación de páxina web, desenvolvemento da capacidade emprendedora con visita ao Lug Open Factory e negocios de emprendedores xuvenís; deportivas: caiac, rutas de sendeirismo polo río Miño, xogos deportivos, xeolocalización, piscina fluvial e veladas; outras actividades: obradoiros de videocurriculum, comunicación e vídeos de presentación.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

QUENDA

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Design camp. Deseña o teu futuro

11-18/08

05-06-07-08

148 €

270029

21-28/08

05-06-07-08

148 €

270030