Guía Ti Elixes 2018

24 Abr 2018

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña publica a Guí Ti Elixes 2018.

A Guía Ti Elixes! consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas.

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña pon a disposición da xuventude unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as diferentes convocatorias de interese para a comunidade educativa, como poden ser bolsas, prácticas profesionais, etc.

Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)
Teléfono: 981 184 294

Guía Ti Elixes:  http://www.coruna.gal/descarga/1453618845983/GUIA-Ti-Elixes-2018-final-3-1.pdf