Correspondentes Xuvenís na Xornada "A información na prevención de condutas adictivas"

18 Abr 2018

O 17 de abril celebrouse en Santiago de Compostela co motivo do día europeo da inforamción xuvenil, a Xornada "A información na prevención de condutas adictivas". Neste xornada participaron entre outros ponentes, Rocío Martínez, Nerea Pousa, Laura Martínez, Xacobe Barreiro e Nazaret Carril, correspondentes xuvenís do IES Rosalía de Castro, que como voceiras da súa clase do ciclo de animación Sociocultural e Turística, deron a súa visión sobre o incremento do consumo de tabaco, alcol e drogas. Destacaron tamén a necesidade dunha maior conexión entre a mocidade e os servizos de Xuventude dos concellos e da Xunta de Galicia.