Bolsa de comunicación no Instituto de Astrofísica de Canarias

17 Abr 2018

O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca unha bolsa de verán para a formación en comunicación e divulgación da cultura científico-técnica nun centro de investigación dirixidas a titulados universitarios recentes.
Beneficiarios:
Recentemente titulados ou tituladas (curso 2016-2017 ou posterior) de grao en Ciencias da Información e Comunicación (preferentemente especializado en xornalismo científico).
Dotación das bolsas:
A dotación das Bolsas de Verán é de 700 € brutos mensuais máis unha cantidade de axuda para gastos de viaxe que se abonará nun pago único cuxa contía dependerá do lugar de residencia do beneficiario.
A duración será de tres meses (xullo, agosto e setembro de 2018).
O IAC proporcionará aos bolseiros seleccionados un seguro privado de enfermidade e accidente.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de maio de 2018.
Máis información no BOE do 17 de abril de 2018 e en http://www.iac.es/estudiantes.php?op1=131