Bolsas de xerencia en entidades de economía social

16 Abr 2018

A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria de Bolsas de xerencia en entidades de economía social

Convócanse 6 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.
Dirixida a persoas desempregadas con estudios finalizados na área empresarial.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.
As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.
Prazo para solicitar unha bolsa xerencial: 23 de abril de 2018.
Localidades das Bolsas:
- Vigo (Pontevedra)
- Pontevedra (Pontevedra)
- Allariz (Ourense)
- Santiago de Compostela (A Coruña)
- Oleiros (A Coruña)
- Narón (A Coruña)

Formulario de inscrición e máis información

Unión de Cooperativas EspazoCoop
info@espazo.coop
www.espazo.coop

A Coruña. Travesía de San José 10, Ent.A. Teléfono 881 887 456
Santiago de Compostela. Hórreo 104, baixo, esquerda. Teléfono 981 575 578
Vigo. Taboada Leal 15, entreplanta. Teléfono 986 866 149