INCUBADORAS DE PROXECTOS 2018

16 Abr 2018

As Incubadoras de proxectos son un servizo da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado aos concellos, asociacións e grupos informais de mozos e mozas interesados en recibir de forma presencial, a través dun obradoiro práctico, información e asesoramento sobre as convocatorias desta Dirección Xeral no ámbito da educación non formal.

Nas Incubadoras de proxectos expoñeranse os requisitos de solicitude e principais características dos programas Iniciativa Xove, Galeuropa, Deseñando ou teu futuro e ordes de axudas destinadas ás entidades de acción voluntaria; sen prexuízo de centraranse naqueles programas que maior interese susciten ao público asistente.

O obxectivo desta iniciativa é facer accesible a información e o asesoramento sobre os principais programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a todos os potenciais beneficiarios, independentemente da súa localización xeográfica.

Prazo de inscrición:  do 16 de abril ao 2 de maio de 2018.

Inscrición:  a través de formulario electrónico.

Os concellos, entidades xuvenís e de acción voluntaria e grupos informais  interesados  nestes obradoiros deberán cumprimentar o formulario que figura ao final deste texto.
Recibida a referida solicitude, o dinamizador ou dinamizadora  xuvenil responsable do seu concello porase en contacto coa entidade/persoa solicitante para concretar os datos relativos a: lugar, data e horario.

Máis información:  info@rgdinamizacion.es

FORMULARIO DE INSCRICIÓN