Bolsas de excelencia musical para o curso 2017-2018

16 Abr 2018

O Consorcio para a Promoción da Música convoca bolsas destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos musicais fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso 2017-2018 en centros educativos de excelencia musical, escolas de alto rendemento, escolas superiores ou universidades.

Requisitos:
Persoas empadroadas no Concello da Coruña durante algún período dentro dos últimos cinco anos, previos a aprobación desta convocatoria.
Tamén poderán acceder a presente convocatoria aquelas persoas residentes noutros concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que acrediten ter formado parte da “Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia (OJSG)” en calidade de Alumno Activo da mesma.
Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1982 (incluído este).
Financiarase ata o 100 por cento do custo académico total do curso completo 2017-2018 (matrícula) ata o límite máximo de 15.000 euros.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2018
Máis información no BOP da Coruña do 16 de abril de 2018