ABAU: Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade

16 Abr 2018

No DOG do 16 de abril publícanse as instrucións para a realización, dentro do curso 2017/18, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/19.

A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes: parte obrigatoria e parte voluntaria.

A parte obrigatoria da proba tratará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato:

OBRIGATORIAS
Cada un dos exercicios das materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e da materia de Lingua Galega e Literatura II, cualificarase de 0 a 10 con dúas cifras decimais.

Parte voluntaria:  O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, a elixir entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da segunda lingua estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais:

VOLUNTARIAS

a) As probas correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.

b) Cada unha das materias das cales se examine o alumnado con carácter voluntario para os efectos de mellorala súa nota de admisión cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.

c) Para a mellora da nota de admisión, terase tamén en consideración a cualificación obtida na parte obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (Matemáticas II, Latín II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II e Fundamentos da Arte II), sempre e cando a cualificación acadada na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos.

DOG do 16 de abril de 2018