Curso intensivo de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre en Santa María de Oia

13 Abr 2018

A Escola de Tempo Libre Fervenza organiza un curso de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre en Santa María de Oia que se realizará en réxime de campamento.
Datas:  Do 10 ao 29 de xullo.
Lugar:  Centro de Educación Medio-ambiental. "O Marco do Castelo" (Sta. Mª de Oia)
Día, hora e lugar de saída:  O día 10, ás 11.30 h., na Praza de España, detrás da gasolineira.
Prezo:   425 euros con Carné Xove.
395, se te apuntas cun amigo ou tes familia numerosa.
370, se estás no paro.
370, se fas un único pagamento antes do 31 de maio.
465 prezo sen descontos.  
O prezo inclúe:  alimentación, material comunitario, de actividades, documentación, formadores, aloxamento en tendas de campaña, servizos e duchas de auga quente, transporte dende Vigo ida e volta, seguemento das prácticas e asesoramento na elaboración da memoria, tramitación do título e seguro de R.C.

Máis información na Escola de Tempo Libre Fervenza. Teléfono: 606 321 636  
http://www.escolafervenza.es
secretario@escolafervenza.es