LIDÉRAte: desenvolvemento persoal para o emprego e o emprendemento

13 Abr 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca a actividade LIDÉRAte, unha iniciativa formativa que se centrará no desenvolvemento persoal dos mozos e mozas como ferramenta de apoio á mellora das oportunidades de emprego e empredemento da xuventude.

Obxectivos:
- Traballar no  “marketing ou marca persoal” para o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
- Mellora da identidade persoal. Apoio para avaliar, entender e adaptarse ao mercado laboral, e lograr evidenciar o valor engadido de cada persoa.
- Apoio no descubrimento da vía para conseguir diferenciarse a partir das  propias cualidades.
- Mellora das habilidades de comunicación.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

Destinatarios/as:  Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
Datas e lugar de realización:  Esta actividade desenvolverase nos 12 Espazos Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado:

LIDERATE2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Prazas por Espazo Xove:  Un mínimo de 5 persoas
Prazo de inscrición:  Do 13 de abril do 2018 ás 12:00 horas do día anterior a realización da xornada en cada Espazo Xove
Inscrición:  Mediante o envío de formulario electrónico.
Admisión:  Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada Espazo Xove. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN