Axudas para a contratación e formación das persoas mozas

13 Abr 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca un programa a prol da contratación e formación das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

As empresas terán dúas posibilidades de obter axudas compatibles para a contratación e formación por conta allea:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2018.
- As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 16 de decembro de 2017 e a data da publicación desta orde deberán presentarse antes do 13 de xuño de 2018.
- As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas a partir da entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses desde a data de inicio da relación laboral, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2018.

As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código TR349T
Máis información no DOG do 13 de abril de 2018 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria