Bolsas na área da industria alimentaria

12 Abr 2018

O Ministerio de Agricultura convoca 26 becas de formación práctica en 2018 para titulados universitarios nas seguintes áreas de coñecemento:

Tres bolsas no campo da Informática, Matemáticas e Estatística.
Dez bolsas no campo da Enxeñería  Agronómica, Veterinaria, Enxeñería Técnica Agrícola e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
Catro bolsas no campo do Dereito.
Unha bolsa no campo de Economía, Administración e Dirección de Empresas e Socioloxía.
Dúas bolsas no campo do coñecemento da Publicidade e Relacións Públicas.
Dúas bolsas no campo do coñecemento do Xornalismo.
Catro bolsas no campo do coñecemento da Química, Bioloxía,  Bioquímica e Farmacia.

Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1987.
Estar en posesión ou en condicións de obter o título de graduado, diplomado, licenciado, enxeñeiro técnico ou superior, doutor, ou titulaciones equivalentes nas materias e especialidades relacionadas coas becas que se convocan no momento da concesión da beca.
Coñecementos de inglés.

A contía destas bolsas por beneficiario será de 1.150 € mensuais
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de maio de 2018.
Máis información no BOE do 12 de abril de 2018