Campus de Profundización Científica 2018

12 Abr 2018

O Ministerio de Educación convoca 80 axudas para participar no programa Campus de Profundización Científica en Soria, durante o mes de xullo de 2018.

Constitúe o obxecto deste Campus favorecer o desenvolvemento do interese científico por parte dos alumnos, potenciar as súas capacidades demostradas no ámbito das ciencias, así como fomentar o esforzo individual e a motivación do alumnado, á vez que se integra nun ámbito no que prima a convivencia e o intercambio de experiencias culturais e educativas entre alumnos procedentes das distintas Comunidades Autónomas.

Datas:
O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada unha, que terán lugar nas seguintes datas en Soria:
Primeira quenda: do 5 ao 13 de xullo de 2018.
Segunda quenda: do 18 ao 26 de xullo de 2018.

Requisitos:
Alumnos que no curso escolar 2017/2018 estean a cursar ensinos de 4º de ESO, en centros educativos españois sostidos con fondos públicos.
Que obtivesen unha nota media no curso escolar 2016/2017 superior ou igual aos 9,0 puntos.
Que durante o curso 2017/2018, estean a cursar as seguintes materias: Matemáticas académicas, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de maio de 2018

Máis información no BOE do 12 de abril de 2018 e na web de Educación
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html