Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero na provincia da Coruña

09 Abr 2018

A Deputación da Coruña convoca o Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2018”

As entidades poderán solicitar subvención para o mantemento de programas e políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, concretamente os seguintes:
Programas de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
Programas loita contra a violencia de xénero

Beneficiarias
Entidades privadas sen ánimo de lucro con sede na provincia da Coruña ou que acreditaren que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 8 de maio de 2018.
Máis información no BOP da Coruña do 9 de abril de 2018.