Curso formativo sobre técnicas de aproveitamento resineiro

09 Abr 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, en colaboración co Concello de Mondoñedo, convoca esta acción formativa de 96 horas sobre técnicas de aproveitamento resineiro.

O curso constará de dúas partes:
1) Primeira parte teórico-práctica:
Obxectivo: coñecer a base teórica do aproveitamento resineiro e que     os mozos e mozas tomen conciencia dunha realización correcta desta tarefa para non danar a madeira e para maximizar a produción.
2) Segunda parte práctica:
Obxectivo: ampliación dos coñecementos da mocidade participante na aplicación práctica do aproveitamento, na toma de decisións e na optimización da xestión.

Lugar de realización:
1. Parte teórica:  Centro comarcal de Mondoñedo. R/ Xulio Pardo, nº 13. Mondoñedo (Lugo)
2. Parte práctica:  Monte veciñal en man común (Comunidade de Figueiras- Parroquia de Figueiras- Mondoñedo)

Destinatarios/as:
a) Mozos e mozas con idades entre os 18 e 35 anos.
b) Persoas interesadas en xeral.
Prazas: 12
Prazo de inscrición: do 9 ao 19 de abril de 2018 (12:00 horas)
Inscricións: mediante o envío do formulario electrónico que figura ao final desta convocatoria. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Admisión: será por rigorosa orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas convocadas, tendo preferencia os mozos e mozas con idades comprendidas entre 18 e 35 anos.
Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza.
Se antes das 15:00 horas do 19 de abril, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, enténdese que non obtiveron praza.

Desenvolvemento do curso

Fase 1.- Parte teórica-práctica
- Duración: 40 horas (12 teóricas – 28 teórico prácticas)
- Datas de realización: 20, 21, 22, 27 e 28 de abril de 2018.

CUADRORESINA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase 2. Parte práctica
- Duración: 56 horas
- 14 visitas á parcela de prácticas.
- Duración de cada visita: 4 horas.
- Horario: de 10:00 a 14:00 horas.
- Datas de realización:
4, 11, 18 e 25 de maio de 2018.
8 e 22 de xuño de 2018.
6 e 20 de xullo de 2018.
3, 17 e 31 de agosto de 2018.
14 e 28 de setembro de 2018.
12 de outubro de 2018.

Ás persoas participantes seranlle facilitadas gafas e luvas de protección.

Cobertura: o curso é de carácter gratuíto.
A cobertura das actividades non inclúen a manutención nin os desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolven as actividades, tanto a parte teórica como práctica.
Recomendacións para o desenvolvemento da parte práctica:
- É moi importante utilizar un calzado axeitado.
- Cómpre ter a man sempre algo de roupa de abrigo e para a choiva.
- Nos días de moito sol é recomendable levar protección solar.
- Non esquezades a tarxeta sanitaria e os útiles de aseo.

Máis información: roteiros.ctb@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN