Inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán de 2018

09 Abr 2018

O Ministerio de Educación convoca 2.200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2018 nalgunha localidade de España, para alumnos de 1º e 2º da ESO.

Requisitos:
a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2017/2018.
b. Obter, como mínimo, notable como nota media do curso 2016/2017.
c. Obter, como mínimo, notable como nota final na materia de inglés no curso 2016/2017.
d. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.
e. Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo poderán optar desde o "aprobado" (5).

Estas axudas distribúense en dous grupos:

Primeira quenda para alumnos de 1º da ESO: do 1 ao 15 de xullo de 2018

Segunda quenda para alumnos de 2º da ESO: do 15 ao 29 de xullo de 2018

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2018.
Máis información no BOE do 7 de abril de 2018 e en
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html