Bolsas FormARTE en actividades culturais

09 Abr 2018

O Ministerio de Cultura convoca as bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia de institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O obxecto destas bolsas é contribuír á formación de especialistas en materias artísticas, xestión cultural, arquivos, conservación e restauración, museoloxía e
biblioteconomía, mediante a realización dun programa de actividades teórico-práctico en dependencias e organismos públicos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Requisitos:
Cumprir os requisitos académicos de cadas bolsa e finalizar os estudos no curso académico 2009-2010 ou data posterior.

Son 76 bolsas divididas en seis modalidades:

Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 11 bolsas.
Bolsas de Museoloxía: 15 bolsas.
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 11 bolsas.
Bolsas de Arquivística: 17 bolsas.
Bolsas de Xestión Cultural: 18 bolsas.
Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas.

Tipos de bolsas:

A. Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 11 bolsas.

a) Subdirección Xeral do Instituto do Patrimonio Cultural de España (Madrid):
- Bolsa de restauración arquitectónica, 1 bolsa.
- Bolsa de etnoloxía - etnografía, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de patrimonio documental, bibliográfico e obra gráfica, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de escultura en madeira  policromada, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de pedra e mosaico, 1 bolsa.
- Bolsa de investigación científica en conservación do patrimonio, 1 bolsa.
b) Centro de conservación e restauración de bens culturais do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais –  ICAA – (Pozuelo de Alarcón, Madrid):
- Bolsa de investigación de fondos  fílmicos, 2 bolsas.
c) Museo Nacional do Prado (Madrid):
- Bolsa de conservación e restauración de escultura en materiais  pétreos, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de pintura (tratamento de marcos), 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de soporte  celulósico, 1 bolsa

B. Bolsas de Museoloxía: 16 bolsas

a) Biblioteca Nacional de España (Madrid), 1 bolsas.
b) Museo América (Madrid), 1 bolsa.
c) Museo do Greco (Toledo), 1 bolsa.
d) Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid), 1 bolsa.
e) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa
f) Museo Nacional do Romanticismo (Madrid), 1 bolsa.
g) Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática.  ARQUA (Cartaxena), 1 bolsa.
h) Museo Nacional de Arte Romana ( Mérida), 1 bolsa.
i) Museo Nacional de Artes Decorativas (Madrid), 1 bolsa.
j) Museo Nacional de Escultura (Valladolid), 1 bolsa.
k) Museo Nacional do Prado (Madrid) – Área de Rexistro de Exposicións, 1 bolsa.
l) Museo Nacional do Prado (Madrid) – Área de Comunicación, 1 bolsa.
m) Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira (Santillana del Mar - Cantabria), 1 bolsa.
n) Museo  Sefardí (Toledo), 1 bolsa.
o) Museo do Traxe – Centro de Investigación do Patrimonio Etnolóxico (Madrid), 1 bolsa.

C. Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 11 bolsas

Convócanse un total de 11 bolsas: 8 bolsas na especialidade de Fondo Moderno e 3 bolsas na de Fondo Antigo.
a) Fondo moderno:
Biblioteca de Cultura (Madrid), 1 bolsa
Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais –  ICCA –  Filmoteca Española (Madrid), 1 bolsa
Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música –  INAEM – Centro de Documentación Teatral (Madrid), 1 bolsa
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas
Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas (Madrid), 2 bolsas
b) Fondo antigo:
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas.

D. Bolsas de Arquivística: 17 bolsas

a) Arquivo Histórico Nacional (Madrid), 2 bolsas.
b) Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares, Madrid), 1 bolsa.
c) Arquivo da Real  Chancillería de Valladolid (Valladolid), 1 bolsa.
d) Arquivo Xeral de Indias (Sevilla), 1 bolsa.
e) Arquivo Xeral de  Simancas (Valladolid), 1 bolsa.
f) Arquivo da Biblioteca Nacional de España (Madrid), 3 bolsas.
g) Centro Documental da Memoria Histórica (Salamanca), 1 bolsa.
h) Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais –  ICCA –.  Filmoteca Española (Madrid), 2 bolsas.
i) Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música –  INAEM – Centro de Documentación de Música e Danza (Madrid), 1 bolsa.
j) Arquivo do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa.
k) Arquivo do Museo Nacional do Prado (Madrid), 1 bolsa.
l) Sección Nobreza do Arquivo Histórico Nacional (Toledo), 1 bolsa.
m) Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais (Madrid), 1 bolsa.

E. Bolsas de Xestión Cultural: 18 bolsas

a) Museo Nacional do Prado (Madrid), 1 bolsa.
b) Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música –  INAEM – (Madrid), 2 bolsas.
c) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa.
d) Biblioteca Nacional de España (Madrid), 1 bolsa.
e) Fundación Instituto de Cultura Xitana (Madrid), 1 bolsa.
f) Subdirección Xeral de Promoción do Libro, Lectura e Letras Españolas (Madrid), 1 bolsa.
g) Subdirección Xeral de Cooperación coas Comunidades Autónomas (Madrid), 2 bolsas.
h) Subdirección Xeral de Cooperación e Promoción Internacional da Cultura (Madrid), 1 bolsa.
i) Subdirección Xeral de Industrias Culturais e Mecenado (Madrid), 2 bolsas.
j) Unidade de Apoio da Dirección Xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural (Madrid), 1 bolsa.
k) Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico (Madrid), 1 bolsa.
l) Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais (Madrid), 1 bolsa.
m) Subdirección Xeral de Museos Estatais (Madrid), 1 bolsa.
n) Subdirección Xeral de Promoción das Belas Artes (Madrid), 1 bolsa.
o) Subdirección Xeral do Instituto do Patrimonio Cultural de España (Madrid), 1 bolsa.

F. Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas

a) Artes Plásticas, 2 bolsas.
b) Fotografía, 2 bolsas.

A estanza formativa desenvolverase no Colexio de España da Cité Internationale Universitaire de París.

Requisitos específicos.
a) Acreditar iniciación, experiencia, realizacións, ou títulos e certificados académicos relacionados coa creación plástica e a fotografía.
b) Á solicitude deberán achegarse fotografías da obra recente, preferentemente en soporte electrónico.
c) Posuír coñecementos da lingua francesa

A dotación económica das bolsas é:
a) Modalidades A, B, C, D e E: 866 euros brutos mensuais.
b) Modalidade F: 1.800 euros brutos mensuais.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de abril de 2018.
Máis información no BOE do 7 de abril de 2018 e en
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/cultura/becas-ayudas-y-subvenciones/becas.html