Enreda na rede

04 Abr 2018

A Asociación ARELA e a Fundación Barrié organizan unha xornada formativa o 3 de Maio na sede da Fundación Barrié de A Coruña

KTORCE 18, é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación Arela, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado)
Baixo o lema “enreda na rede”, desenvolveránse o longo do 2018 un conxunto de actividades, entre as que se atopa esta xornada, orientadas á toma de conciencia sobre o uso das novas tecnoloxías por parte dos adolescentes (as súas vantaxes, os seus inconvenientes e os riscos por un uso inadecuado ou excesivo: sexting, grooming, ciberacoso escolar, gambling…) así como a identicar, por parte da comunidade educativa e profesional, condutas inapropiadas, aprendendo estratexias para modicalas a través de prácticas como a alfabetización dixital e a creatividade na utilización das TIC por parte do mundo adolescente e a súa aplicación no contexto educativo da aula.

Destinatarios
• Profesionais da comunidade educativa: docentes e membros do departamento de orientación.
• Profesionais da intervención social que traballen con adolescentes e familias.
• Estudantes universitarios.

Obxectivos
• Crear un espazo de prevención e información sobre os múltiples aspectos das novas tecnoloxías.
• Facilitar estratexias para o bo uso das novas tecnoloxías por parte do público adolescente.
• Avaliar situacións conitivas polo uso do móbil e das redes sociais.
• Desenvolver habilidades sociais para o establecemento de relacións auténticas.
• Fomentar as relacións interpersoais de forma real.
• Coñecer novas dinámicas e novos usos relacionados co manexo das TIC como ferramenta pedagóxica de creatividade e expresión.
• Dar a coñecer os materiais didácticos elaborados pola Asociación Arela sobre redes sociais.

http://arela.org/Noticias/xa-esta-aberta-a-inscricion-na-xornada-q2018-enreda-na-redeq.html