Subvencións a Asociacións para actividades culturais na provincia da Coruña

03 Abr 2018

A Deputación Provincial da Coruña convoca o Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de actividades culturais durante o ano 2018, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención realizaranse no ámbito territorial desta provincia.
Modalidades do programa:
Entidades de natureza cultural
Entidades de natureza  veciñal
Entidades de natureza  socioeducativa
Entidades de natureza social e/ou asistencial.

Prazo: 27 de abril de 2018
Máis información no BOP da Coruña do 3 de abril de 2018