200 bolsas no CSIC

03 Abr 2018

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 200 bolsas para estancias de trescentas horas a gozar dentro do curso académico 2018-2019, a realizar en meses consecutivos nun período máximo de catro meses en Institutos e Centros do CSIC, propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución, dentro do Programa «Junta Ampliación de Estudios»
Beneficiarios.
Españois, nacionais dun Estado membro da UE e estranxeiros, que teñan completados polo menos o 50 % dos créditos ( ECTS) correspondentes ao grao, que finalizasen os estudos de licenciatura ou de grao con anterioridade ao curso académico 2016-2017, que acrediten unha nota media, nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8.00 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 7.00, que non estean en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor, que non fosen beneficiarios dunha bolsa de introdución á Investigación dentro do programa  JAE en convocatorias anteriores
A dotación das bolsas será de 2.500 € en tres pagos.
Prazo de presentación de solicitudes: do 3 de maio ao 1 de xuño de 2018.
Máis información no BOE do 2 de abril de 2018 e en https://sede.csic.gob.es/intro2018