Subvencións a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado

03 Abr 2018

A Consellería de Cultura convoca subvencións a asociacións sen fin de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.

Beneficiarias
Institucións sen fin de lucro domiciliadas en Galicia, así como as entidades locais galegas. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar).

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de abril de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A
Máis información no DOG do 28 de marzo de 2018