II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade: coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes

03 Abr 2018

A Escola Galega de Administración Pública en colaboración co grupo de investigación Esculca (Escola-Cultura) e a rede de investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade), convoca o II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade: coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes para o día 25 de maio de 2018.

Obxectivos.
Promover o coñecemento da metodoloxía da aprendizaxe-servizo como vía efectiva de innovación educativa na educación superior.
Estudar o impacto da aprendizaxe-servizo nas dinámicas de avaliación da calidade nas universidades europeas.
Examinar o grao de desenvolvemento do proceso de institucionalización da aprendizaxe-servizo nas universidades de España en xeral e de Galicia en particular.
Dar conta de resultados da aprendizaxe e capital social dos estudantes universitarios alcanzados na investigación.

Contidos.
A aprendizaxe-servizo e o futuro da calidade educativa nas nosas universidades: que leccións podemos aprender?
O impacto da aprendizaxe-servizo nas universidades españolas.
As universidades españolas diante da aprendizaxe-servizo: avanzar sobre o terreo.
A dinámica de institucionalización da aprendizaxe-servizo na universidade: os proxectos na USC como pontes entre a academia e a comunidade.Aprendizaxe-servizo e innovación na universidade: evidencias desde un proxecto de I+D+i.

Persoas destinatarias. Persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento.
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: venres, 25 de maio de 2018.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 8 horas lectivas.

Inscrición.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través do espazo «área de matrícula» da web da EGAP, https://egap.xunta.gal/matricula/

O prazo para a inscrición permanecerá aberto ata as 23.55 horas do día 16 de maio de 2018.

Máis información no DOG do2 de abril de 2018
Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos seguintes teléfonos: 981 546 241 e 981 546 239.