Programa de Intercambios Xuvenís na REAJ, 2018

27 Mar 2018

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) desenvolve por quinto ano consecutivo o Programa de Intercambios Xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, un programa para mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas.

OBXECTIVO PRINCIPAL DO PROGRAMA
Potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos e mozas facilitándolles a formación en distintas actividades profesionais que se realicen nas instalacións dos albergues xuveniles.

Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estadía no país de acollida, impulsando o aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.

A QUEN VAI DIRIXIDO?
A mozos e mozas de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma, que reúnan as seguintes características:

Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.
Ter un coñecemento fluído do idioma principal do país de destino (ou na súa falta INGLÉS, nivel mínimo esixido B1).

COMO INSCRIBIRSE?
Para realizar a correcta inscrición no programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición que atoparás un pouco máis abaixo.

Despois de completar o formulario tes que enviar por email a voluntariado@xunta.gal a seguinte documentación (aínda que sexa unha dirección mail da Xunta, poden participar mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas):
Fotocopia escaneadada do carné de alberguista en vigor.
Certificado que acredite, como mínimo, un nivel B1 de inglés ou certificado de Selectividade.
Carta de motivación escrita en inglés explicando por que queres participar no programa.

A organización reservase a potestade de solicitar máis información aos participantes, xa sexa para comprobar a súa veracidade ou para completar a información (Ex. Solicitude de títulos, diplomas...).

Se tes dúbidas, ponte en contacto coa REAJ en contacto@reaj.com ou nos teléfonos 91 308 46 75 e 91 319 70 67 (de luns a venres de 09:00 a 16:00)

Se unha vez inscrito/a resultas seleccionado/a ademais deberás dispoñer da seguinte documentación:
Carné de identidade ou pasaporte en vigor.
Cartón sanitario Europea. 
Seguro de viaxe que cubra as perdas de equipaxe, os atrasos, gastos médicos e a repatriación se fose necesario (prezo estimado 30 €). O Carné Xove conta cun seguro de viaxe gratutito que cubre estas incidencias

PRAZOS DE INSCRICIÓN
Podes botar a túa solicitude en calquera momento do ano.

No caso de que algunha praza non se cubra, permanecerá aberta a inscrición ata última hora, por tanto, non deixes de apuntarte, xa que pode quedar unha praza libre para ti!

DESTINOS E DATAS
Cóntanos no formulario de inscrición cales son os teus destinos favoritos e que dispoñibilidade tes. Tentaremos adaptarnos ás túas preferencias, aínda que tamén poderemos chamarche para outros destinos aínda que non as indicaras no formulario. Canto máis flexible sexas, máis posibilidades terás de conseguir unha praza!.

DESTINOS INTERNACIONAIS
República Checa: Praga
Escocia: Edimburgo e Perth
Eslovenia: Bovec e Pod Voglom
Portugal: Varias cidades por confirmar
Países Bajos: Dordrecht e outras cidades por confirmar
Italia: Alezio e outras cidades por confirmar
Croacia: Veli Losijn
Inglaterra: Prazas e destinos por confirmar

DATAS PARA A TÚA ESTANCIA
Hai datas dispoñibles dende abril ata decembro de 2018.

O ideal é que indiques no formulario todos os meses nos que esteas dispoñible. Canta máis dispoñibilidade teñas, máis oportunidades terás!.

CUSTO
Custos sufragados polo albergue de destino:  O albergue de destino proporcionarache aloxamento gratuíto durante toda a túa estancia, e polo menos media pensión (almorzo e comida ou cea). Naqueles albergues que non dispoñan de restaurante, facilitaranse outras opcións para cubrir polo menos a media pensión.
Algúns albergues poden ofrecer pensión completa, e moitos dispoñen de cociña a disposición dos/as participantes para que poidan preparar a súa propia comida.

Custos sufragados polo/a participante:  O/a participante farase cargo dos custos da viaxe e transporte durante a súa estancia no país de acollida, así como das comidas que non estean incluídas nos custos sufragados polo albergue (mirar o punto anterior). Ademais, deberá contratar un seguro de viaxe e asumir calquera outro gasto derivado da súa estancia (roupa, lecer, agasallos…)

DURACIÓN
A duración da estancia de cada participante no estranxeiro pode ser de entre 2 semanas e 3 meses (a estancia media é dun mes).
Non esquezas indicar no formulario de inscrición as túas preferencias en canto á duración da estancia!.

XORNADA E TAREFAS
A xornada pode variar en función do destino. En calquera caso, non superará as 40 horas semanais (máximo de 8 horas diarias). As horas distribuiranse en 5 días á semana, segundo as quendas establecidas pola asociación de acollida e todos os/as participantes contarán con 2 días libres á semana.

As tarefas serán asignadas polo albergue de destino e estarán relacionadas co día a día dos albergues: restaurante-bar, housekeeping, recepción… Aínda que poderá realizar outro tipo de actividades en función das necesidades específicas de cada albergue e as capacidades do participante.

PROCESO DE SELECCIÓN DOS MOZOS E MOZAS PARTICIPANTES
A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, elixirá os participantes entre todas as candidaturas recibidas pola web a partir do mes de marzo de 2018, tendo en conta os requisitos indicados anteriormente así como outro tipo de capacidades determinadas pola Asociación Nacional de destino ou os albergues. Tanto as Comunidades Autónomas dos participantes como os albergues de destino poderían realizar tamén entrevistas aos mozos e mozas seleccionados como paso previo á aceptación no programa.

Os organizadores do programa comunicarán por teléfono os voluntarios finalmente seleccionados e os Intercambios levaranse a cabo nos destinos arriba citados entre abril e decembro de 2018.

AVALIACIÓN DO PROGRAMA
Os albergues de acollida asignarán a cada participante un mentor que lles servirá como punto de contacto durante a súa participación no programa.

Ao final do Programa de Intercambios, os organizadores facilitarán aos/as participantes un formulario de avaliación no que deberán plasmar a súa experiencia no programa –coa finalidade de identificar posibles aspectos a mellorar en futuras edicións do programa.

Cada participante recibirá por parte dos organizadores un documento acreditativo da súa experiencia internacional nos albergues xuvenís. Será entregado ao finalizar a edición do Programa.

OUTRA INFORMACIÓN
O incumprimento dalgún dos puntos da presente convocatoria antes, durante ou despois do programa levará á descualificación do participante e a non asunción por parte dos organizadores das obrigacións contraídas. Así mesmo os organizadores reservaranse o dereito de descualificar aos participantes no momento de detectar algunha irregularidade ou anomalía, algo que prexudique o correcto desenvolvemento da convocatoria ou algún elemento desestabilizador da mesma.

As partes organizadoras do programa reservaranse o dereito de decisión final no hipotético caso de vacío dalgunha información, dúbidas na interpretación da normativa ou resposta de dúbidas que poidan xerarse ao longo do desenvolvemento da presente convocatoria e que por calquera motivo non quede o suficientemente clara a súa resolución coas presentes bases.

Podes contactar con REAJ para calquera dúbida ou suxestión que teñas por email contacto@reaj.com ou por teléfono no 91 308 46 75 e 91 319 70 67.

https://reaj.com/intercambios-reaj/

FORMULARIO DE INSCRICIÓN