Recuperación e Utilización Educativa de Pobos Abandonados no verán de 2018

26 Mar 2018

O Ministerio de Educación convoca o programa "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados" de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalaxara) durante o verán de 2018.

Beneficiarios.
Alumnos de centros docentes españois que cursen 3.º e 4.º de ESO, Formación Profesional Básica, Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos e Bacharelato e de Seccións españolas en centros doutros países membros da Unión Europea.

En calquera caso, a idade máxima de participación da convocatoria será de 18 anos cumpridos en 2018.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de abril de 2018

Máis información no BOE dO 26 de marzo de 2018 e en http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html