A creatividade a través da gráfica

26 Mar 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca a iniciativa “A creatividade a través da gráfica” integrada por tres talleres de gráfica interactivos.

Talleres:

Calcografía.
A calcografía basea o seu traballo na prancha de metal e as posibilidades do seu uso, tanto coa incisión directa para as liñas como o uso do ácido para conseguir mordidas e tons. Augaforte, augatinta e punta seca serán as bases do traballo, sendo este o camiño de toda iniciación e perfeccionamento desta técnica gráfica. Cada participante desenvolverá as súas propias pezas seguindo os pasos necesarios dunha forma amena e persoal.
Prazas:  6
Datas de realización:  7, 14, 21 e 28 de abril de 2018.
Horario:  de 10:00 a 15:00 horas

Xilografía.
A madeira e os seus derivados constitúen a materia da que partir para, por medio da gubia, dar forma e cor á creación de cada participante. A xilografía é unha técnica directa sobre unha madeira natural, o que permite a súa rápida comprensión e con iso un avance progresivo en todas as súas posibilidades de texturas e resultados.
Prazas:  6
Datas de realización:  5, 12, 19 e 26 de maio de 2018.
Horario:  de 10:00 a 15:00 horas

Litografía.
O traballo con pedras litográficas é unha das vantaxes deste taller. Desde o trazo sinxelo do lapis litográfico ás diferentes texturas son rexistradas pola pedra e, por iso, posibilidades de estampación.
Prazas:  6
Datas de realización:  2, 9, 16 e 30 de xuño de 2018.
Horario:  de 10:00 a 15:00 horas.

 

Destinatarios/as:  mozos e mozas con idades entre os 18 e 30 anos.
Lugar de realización:   Fundación CIEC. Rúa do Castro, 2. Betanzos. A Coruña
Prazo de inscrición:  do 26 de marzo ao 4 de abril de 2018.
Inscricións:  mediante o envío do formulario electrónico que figura ao final desta convocatoria. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Admítese a inscrición nos tres talleres. No caso de inscrición dobre ou tripla, a persoa solicitante deberá indicar a orde de preferencia.
Admisión:  será por rigorosa orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza.
No caso de que unha persoa solicite participar en dous ou tres talleres, a admisión nun taller exclúe a admisión nos outros, agás que non se cubran as prazas destes últimos.
Se no día seguinte ao de finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, enténdese que non obtiveron praza.

Máis información:  roteiros.ctb@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN