EX de Carballo: Xornada de portas abertas

23 Mar 2018

Boa tarde:

Maña sábado 24 de marzo de 2018, o Espazo Xove de Carballo realiza una xornada de  PORTAS ABERTAS, DE 11,00 HORAS A 14,00 HORAS. Co fin de dar a coñecer as actividades que se están a realizar na Casa da Xuventude de Carballo polas entidades e asociacións presentes nas nosas instalacións, e presentar os obradoiros que terán lugar neste Espazo Xove a partir do mes de Abril.

Durante esta xornada de PORTAS ABERTAS  teremos demostracións de:

 

Gaita, pandeireta e baile galego: De 11,00 horas a 13,00 horas.

 

Música urbana (Rap/dubstep/funky): De 11,30 horas a 12,30 horas.

 

Teatro: De 12,00 horas a 13,00 horas.

 

Pintura: De 11,00 horas a 13,00 horas.

 

Capoeira: De 13,00 horas a 14,00 horas.

 

Xadrez: De 12,00 horas a 13,00 horas.

 

Espazo Xove de Carballo (Casa da Xuventude: R/. Valle Inclán, 24)