Musigal 2018 na provincia de Pontevedra

20 Mar 2018

A Deputación de Pontevedra convoca Musigal 2018.
O programa Musigal 2018 nace co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música.

Os grupos ou artistas que se inclúan neste programa englobaranse nas seguintes categorías:
Son muller:  grupos nos que polo menos o 60 % das persoas integrantes (equipo artístico e técnico) e a vocalista sexan mulleres
Son crianza:  grupos con espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar
Son mocidade:  grupos nos que polo menos o 60 % das persoas integrantes (equipo artístico e técnico) sexan menores de 35 anos
Son tradición:  grupos de música tradicional galega
Son clásico:  grupos de música clásica que teñan no seu repertorio composicións de autores galegos
Son actual:  grupos de pop, rock, hip hop e música electrónica

O prazo para presentar solicitudes por parte dos grupos estará aberto ata o 6 de abril de 2018

Poderán beneficiarse os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes.
Os concellos realizarán a solicitude da actuación na que farán constar o nome do grupo ou artista, a data e o lugar fixados para levar a cabo a actuación.
O prazo de presentación de solicitudes de actuacións por parte dos concellos interesados estará aberto ata o 30 de abril de 2018.

Máis información no BOP de Pontevedra do 20 de marzo