Bolsas Robert Schuman, Prácticas no Parlamento Europeo

20 Mar 2018

O Parlamento Europeo convoca as Bolsas Robert Schuman, Prácticas no Parlamento Europeo

As prácticas para titulados universitarios teñen por obxecto permitirlles completar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión Europea e, en particular, do Parlamento Europeo.

Os períodos de prácticas son os seguintes:
Modalidade xeral, aberta a todos os candidatos que cumpran os criterios.
Modalidade de xornalismo:  os candidatos deben posuír unha experiencia profesional acreditada ben mediante publicacións, ben mediante a pertenza a unha asociación de xornalistas dun Estado membro da Unión Europea, ou ben mediante unha titulación en xornalismo recoñecida nos Estados membros da Unión ou nos países candidatos á adhesión.
Modalidade «Premio  Sájarov»:  este programa ten por obxectivo profundar no coñecemento da acción do Parlamento Europeo en favor dos dereitos humanos e das normas internacionais na materia; diríxese a candidatos cun interese particular polos asuntos de dereitos humanos.

A duración destes períodos de prácticas é de cinco meses e non será prorrogable en ningún caso.

Datas dos períodos de prácticas e prazos de recepción dos formularios de candidatura:
Inscrición: do 15 de marzo ao 15 de maio a medianoite. Período de prácticas: do 1 de outubro ao 28/29 de febreiro.
Inscrición: do 15 de agosto ao 15 de outubro a medianoite. Período de prácticas: do 1 de marzo ao 31 de xullo

Requisitos
Posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea ou dun país candidato á adhesión á Unión Europea.
Cumprir 18 anos na data do comezo das prácticas.
Posuír un coñecemento perfecto dunha das linguas oficiais da Unión Europea.
Non gozar dun período de prácticas ou dun contrato remunerado de máis de catro semanas consecutivas a cargo do orzamento da Unión Europea.

Máis información:
http://www.europarl.europa.eu/atyourservice/es/20150201PVL00047/Periodos-de-pr%C3%A1cticas