Bolsas de verán Ciqus 2018

20 Mar 2018

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela convoca as "CiQUS Summer Fellowships 2018" que son 15 bolsas para estudantes de grao con experiencia en Química ou estudos relacionados, dotadas con 750 € por un periodo de 5 semanas.
Terás a oportunidade de realizar prácticas formativas de iniciación á investigación da man de equipos científicos de excelencia e nunhas instalacións de primeiro nivel.

As prácticas formativas desenvolveranse cunha duración de 4-5 semanas, preferentemente durante o período comprendido entre o 18 de xuño e 27 de xullo de 2018.

Dotación:
Os alumnos seleccionados recibirán unha bolsa de 750 euros (brutos) polo período de 5 semanas (ou o importe proporcional en función da duración da estancia), máis unha axuda para gastos de viaxe para alumnos residentes fose de Santiago (mediante presentación de xustificantes, billetes):
Ata 80 € para alumnos residentes noutras localidades de Galicia.
Ata 200 € para alumnos residentes noutras comunidades autónomas.

Os candidatos deben estar matriculados nun dos dous últimos anos dos seus estudos de grao (Química e afíns) e superar 140 créditos, cunha nota media igual ou superior a 8 puntos sobre 10

Prazo de solicitude:  ata o 30 de abril de 2018

https://www.usc.es/ciqus/sites/default/files/empleo/ciqus_becas-verano-2018.pdf