Ximena e Natalia, Correspondentes Xuvenís no IES Porto do Son, enviannos este traballo realizado co gaio do día internacional das mulleres.
8 de Marzo de 2018...
Querido diario, hoxe é un día moi especial para todas
as mulleres do mundo, para as que non teñen recursos
e as que contan con eles,
polas que coidan dos demais e tamén delas mesmas,
para as que convirten todo en enerxía e para as que
precisan unha
luz no camiño.
Hoxe é o día de berrar ata quedar afónicas, que somos
e queremos ser libres, que tanto mulleres coma homes
somos iguais porque
somos persoas.
Nós, adolescentes en etapa de crecemento, medramos rodeadas dunha sociedade na que a muller ten salarios mais baixos, coida dos rapaces, fai as tarefas domésticas... Moitos homes pensan que iso é unha obriga. A igualdade é que todos fagamos o mesmo. Xa que todos comemos, todos cociñamos!!!
Por iso as profesoras do IES DE PORTO DO SON quixeron poñer o seu gran de area, colaborando cuns mandís, tendidos por un día e deixando as responsabilidades nos homes.
Como será un día sen mulleres?