Plataforma #YoPuedoEmprender

14 Mar 2018

#YoPuedoEmprender é unha iniciativa do Organismo Internacional de Mocidade para Iberoamérica (OIJ) e Microsoft que abre un espazo virtual de encontro, diálogo e colaboración para emprendedores e emprendedoras novos do espazo iberoamericano, ademais de promover o coñecemento e o intercambio de experiencias de procesos de emprendemento xuvenil de impacto social e tecnolóxico na rexión.

Para que serve esta plataforma?

En #YoPuedoEmprender podes ter acceso a toda a información relativa aos ecosistemas de emprendemento do espazo iberoamericano, rastrexar as mellores prácticas identificadas na rexión, coñecer cales son os principais recursos públicos e privados de financiamento a proxectos de emprendemento e as últimas noticias e convocatorias de concursos nos países da nosa base de datos.
Ademais, se estás a emprender o teu propio proxecto e necesitas orientación, podes solicitala de maneira gratuíta a través do noso Programa de  Mentorías. No mesmo, profesionais con experiencia brindaranche o seu coñecemento e recomendacións para acompañarche no proceso de deseño, posta en marcha e/ou sustentabilidade do teu proxecto, segundo as túas necesidades.

http://www.yopuedoemprender.com/espana/index.php