Manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas

14 Mar 2018

A Consellería do Mar convoca exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.

Prazos:
Convocatoria de maio de 2018. Matrícula: do 2 de abril ata o 20 de abril de 2018, ambos incluídos.
Convocatoria de setembro de 2018. Matrícula: do 20 de xullo ao 10 de agosto de 2018, ambos incluídos.

Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE616C

Máis información no DOG do 14 de marzo de 2018