Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga 1, 2, 3 e 4

13 Mar 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.

Persoas destinatarias:
As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2018, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas:
Celga 4: 26 de maio de 2018.
Celga 2: 27 de maio de 2018.
Celga 3: 2 de xuño de 2018.
Celga 1: 3 de xuño de 2018.

Lugares:
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 13 de abril de 2018
Máis información no DOG do 13 de marzo de 2018 e en www.lingua.gal