Probas de competencia profesional de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada

13 Mar 2018

A Dirección Xeral de Mobilidade convoca probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras.

Calendario:
a) No ano 2018 realizaranse dúas convocatorias que terán lugar (preferentemente en sábado, domingo ou festivo) entre os períodos abranguidos entre:
Primeira convocatoria: entre o 31 de marzo de 2018 e o 3 de xuño de 2018.
Segunda convocatoria: entre o 6 de outubro de 2018 e o 2 de decembro de 2018.

Requisitos das persoas aspirantes:
Para poder participar nas probas de xestor de transporte será preciso ter residencia habitual en Galicia antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Prazos de presentación de solicitudes:
a) Primeira convocatoria: ata o 3 de abril de 2018
b) Segunda convocatoria: do 30 de xullo de 2018 ao 21 de agosto de 2018, incluídos ambos os dous días.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo MT312A e MT312B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal

Máis información no DOG do 13 de marzo de 2018