Programas de Bolsas MAEC-AECID de Arte, Educación e Cultura

12 Mar 2018

Bolsas convocadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores para 2018-2019:

Bolsas MAEC-AECID para estudos artísticos na Academia de España en Roma
O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación convoca bolsas para o financiamento de proxectos artísticos e de investigación innovadores e de excelencia, que teñan unha vinculación con Roma ou coa propia Academia, en réxime de residencia na Academia durante o período de concesión das bolsas, entre as seguintes especialidades:

Escultura.
Pintura.
Gravado.
Arquitectura.
Fotografía.
Videocreación.
Cine.
Deseño.
Deseño de moda.
Deseño gráfico.
Música e musicoloxía.
Artes escénicas.
Literatura (Bolsa Valle-Inclán).
Cómic.
Arte e novas tecnoloxías.
Museoloxía, comisariado, mediación artística.
Estética: teoría, filosofía e crítica da arte.
Arquivo e documentación. Bibliotecas históricas.
Historia da Arte.
Conservación e restauración de bens culturais: patrimonio artístico e cultural, material e inmaterial.
Gastronomía.

Requisitos:
Artista e creador de demostrable traxectoria ou investigador en áreas afíns a cada unha das especialidade.
Duración:
De un a 9 meses entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de xuño de 2019.
Dotación:
Mensualidade: 1.200 euros.
Aloxamento na Academia, sen manutención.
Gastos de produción. A cantidade asignada a cada proxecto non poderá exceder de 20.000 euros.
Axuda de viaxe de incorporación ao centro de destino.
Axuda de ata 100 € para bolseiros residentes fóra de Madrid para asistencia obrigatoria á reunión de bolseiros que se organizará en Madrid, antes da incorporación á Academia.
Seguro de asistencia en viaxe e accidentes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 12 ao 26 de marzo de 2018.

Bolsas de colaboración formativa nas sedes das Academias asociadas á Real Academia Española (RAE)

O obxecto destas bolsas é levar a cabo o programa de actividades establecido por cada unha das Academias durante a estanza de colaboración formativa, no ámbito da lingüística e filoloxía hispánicas, preferentemente lexicografía, e con especial atención aos proxectos conxuntos da ASALE.

Requisitos:
1. Nacionalidade. Poderán optar os nacionais dos seguintes países: Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Estados Unidos, Filipinas, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Puerto Rico, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
2. Posuír título universitario superior en materias afíns á lingüística e filoloxía hispánicas.

Duración:
Do 1 de setembro de 2018 ao 31 de agosto de 2019, prorrogable por un ano máis.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 14 ao 28 de marzo de 2018.


Bolsas aara o Colexio de Europa (Campus de Bruxas-Bélxica e Natolín-Polonia)

O obxecto destas bolsas é a realización dun dos seguintes estudos ofertados polo Colexio de Europa:
Máster en Estudos Económicos Europeos.
Máster en Estudos Económicos Europeos (Especialización: Integración Económica Europea e Negocios).
Máster en Dereito Europeo.
Máster en Estudos Políticos e Administrativos Europeos.
Máster en Relacións internacionais da U.E. e Estudos Diplomáticos.
Máster en Estudos Interdisciplinares Europeos.

Requisitos:
1. Ser cidadán español, ou dun país da UE con residencia en España.
2. Posuír o título de grao ou licenciado en materias afíns aos estudos xurídicos, económicos, político-sociolóxicos ou relacións internacionais no momento da incorporación ao Colexio de Europa.
3. Coñecementos de inglés.
4. Coñecementos de francés.
5. Ter enviado a solicitude de admisión académica ao Colexio de Europa, remitíndolle directamente o seu propio impreso de solicitude de praza e a documentación específica que solicita (descargar en: www.coleurope.eu), nos prazos estipulados polo Colexio.
6. Realizar a solicitude de bolsa MAEC-AECID

Duración:
Dez meses, do 1 de setembro de 2018 ao 30 de xuño de 2019.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de marzo de 2018.


Bolsas de formación musical de excelencia na Escola Superior de Música Reina Sofía

O programa diríxese a novos talentos da carreira de piano, violín, viola, violoncelo, contrabaixo, óboe, trompa, clarinete, fagot, frauta ou canto, para que poidan seguir unha formación de excelencia na Escola Superior de Música Reina Sofía.

Requisitos:
1. Nacionalidade. Ser nacional dalgún dos seguintes países ou poboacións: Bolivia, Colombia, Cuba, Ecuador, El Salvador, Etiopía, Filipinas, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Haití, Honduras, Mali, Mauritania, Marrocos, Mozambique, Nicaragua, Níxer, Paraguai, Perú, República Dominicana, Senegal; así mesmo, Poboación Saharauí e Territorios Palestinos, Albania, Arxentina, Armenia, Azerbaián, Bielorusia, Chile, China, India, Turquía, Ucrania, Uruguai, Ubequistán e Venezuela
2. Non ter idade superior a 30 anos  o día 1 de setembro de 2018.
3. Ter a preadmisión na Escola Superior de Música Raíña Sofía, quedando a concesión da bolsa condicionada á formalización da matrícula.

Duración:
Dez meses, entre o 1 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019 (prorrogable ata 1 ano máis).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 14 ao 29 de maio de 2018.

Máis información no BOE do 12 de marzo de 2018 e en www.aecid.gob.es  e www.raer.it

https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/DetalleProcedimiento.aspx?idp=264