Residencias artísticas na DOCE 2018

06 Mar 2018

A DOCE é un espazo para a arte situada en Boiro (A Coruña) beneficiario das Axudas Injuve á Creación 2017 na modalidade de emprendemento. Ten unha programación estable de actividades, como talleres para nenos e adultos, ademais de ser un espazo de  coworking, tenda e galería.
Co obxectivo de dar apoio á creación emerxente, A DOCE abre convocatoria para o programa  Residencias na DOCE 2018  tanto na modalidade de investigación como de produción de obra.

A convocatoria diríxese a artistas e creadores contemporáneos, nacionais ou internacionais.
Co fin de fomentar o intercambio cultural e social dos residentes, seleccionarase como mínimo un proxecto dun artista de Galicia e un proxecto internacional.

As persoas interesadas podrán enviar a súas propostas ata o 1 de xuño a info@ladoce.net nun único arquivo en pdf.
A selección de proxectos farase tendo en conta a calidade artística, orixinalidade, viabilidade técnica e adecuación á liña de traballo da Doce.

As estancias durarán de 4 a 8 semanas entre o 1 de setembro e o 31 de outubro de 2018.

Os proxectos seleccionados dispoñerán dun espazo de traballo na zona de coworking da DOCE.

A DOCE poñerá a disposición dos artistas os recursos técnicos e humanos necesarios para o correcto desenvolvemento de cada proxecto.

A DOCE poñerá a disposición dos seleccionados unha vivenda situada no centro de Boiro equipada con todo o necesario para poder residir nela.

Ao finalizar a residencia, valorarase a realización dunha exposición colectiva na galería ou noutras contornas urbanas ou rurais en función de cada proxecto. Os residentes comprometeranse a realizar como mínimo, unha actividade ao redor do seu tema de investigación ou a súa obra durante a súa residencia.

http://www.ladoce.net/?/=/seccion/residencias