Bolsas de máster para a mocidade no exterior

05 Mar 2018

A Secretaría Xeral da Emigración convoca 100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.

Requisitos
1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
e) Ser emigrante nacido/a en Galicia, ou ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha destas persoas e que nacese no estranxeiro.
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa.

2. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes ou con posterioridade a esta, pero sempre con carácter previo á concesión da bolsa:
a) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego.
b) Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun máster universitario dos ofertados na convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos, a matrícula dos 30 créditos restantes, correspondentes ao curso 2019/20, realizarase e acreditarase no ano 2019.

As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2018 e en http://emigracion.xunta.gal/es/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2018