“Depointegra Xove”

16 Feb 2018

A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no proxecto “Depointegra Xove” co apoio financeiro do Fondo Social Europeo da Unión Europea. O proxecto está destinado á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil co obxectivo de que a mocidade consiga unha formación e un emprego de calidade.

Obxectivos
- Integrar de maneira sostible no mercado de traballo as persoas mozas desempregadas que non participan nos sistemas de formación ou educación.
- Realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade.
- Ofrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provincia.
- Favorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e inmigrantes).

Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 30 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Que se ofrece
- Axuda económica mensual de 200 euros ao mes ás persoas participantes
- Formación para a obtención de certificados de profesionalidade
- 27 itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non laborais
- Formación transversal e complementaria en idiomas, TIC e ofimática, inserción laboral, emprendemento e igualdade
- Orientación laboral e titorías individuais e grupais

Cando
Os itinerarios vanse levar a cabo durante o ano 2018.

Onde
- Pontevedra
- Vigo
- Deza
- O Morrazo
- O Baixo Miño
- O Salnés
- Caldas

Itinerarios formativos

itinerarios

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis información
Correo-e: depointegra@depo.es
Teléfono: 986 804 100, extensións 40708 e 40851