Descobre o teu Talento, en Carballo

14 Feb 2018

Descobre o teu talento iniciarase proximamente en Carballo.

Trátase dun programa de formación que pretende mellorar as habilidades na procura de emprego das persoas que se atopen en proceso de integrarse no mercado laboral, ou que teñan unha idea de negocio.

Para realizalo cada participante recibirán unha Tablet que (poderán quedar completando o programa), sesións de mentoring e asesoramento personalizado.

Efectuaranse simulacións de entrevistas  grupales e individuais que se están realizando nas empresas para seleccionar persoal, coñecerás os segredos do networking online e poderás desenvolver un plan de empresa. Estas materias complétanse con formación  online e un proceso de gamificación.

Quen pode participar?
Mozos/as menores de 30 anos en situación de desemprego que figuren inscritos ou se inscriban no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na data de entrada no proxecto, e estean en proceso de acceder ao mercado laboral por conta allea ou en proceso de iniciar a actividade emprendedora.

Que obxectivos se perseguen?
• A inserción dos participantes no mercado laboral.
• Apoiar os proxectos e vocacións emprendedoras que se xeren na contorna do proxecto para dar lugar á creación de empresas.
• Fomentar a capacidade de establecer contactos profesionais que lles axuden a impulsar os seus obxectivos para a inserción no mercado laboral.
• Visibilización de marca persoal e posicionamento en redes sociais.

Como participar?
Para poder participar en Descubre o teu Talento deberán rexistrarse no formulario de contacto online: https://talento.cec.es/index.php/contactar/

Ou ben, remitir un correo electrónico a: descubre.talento@cec.es

Máis información en: https://talento.cec.es/