Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo na EGAP

13 Feb 2018

A EGAP convoca unha Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditada a titulación de licenciatura ou grao en Dereito.
Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

O importe de cada bolsa será de 1.100 € brutos mensuais.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770F
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2018

Máis información en https://egap.xunta.gal e no DOG do 12 de febreiro de 2018