Bolsa en formación na área da ciencia económica no sector público

13 Feb 2018

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca unha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público.
Requisitos:
Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en economía.
Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación do/a candidato/a seleccionado/a e finalizará o 31 de decembro de 2018.
O importe de cada bolsa será de 1.100 € brutos mensuais.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2018
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código PR770I
Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2018 e en http://egap.xunta.gal