Bolsas na Biblioteca Nacional de España

06 Feb 2018

A Biblioteca Nacional de España convoca 39 bolsas de formación e especialización para fomentar e mellorar o coñecemento sobre as coleccións, os procesos bibliotecarios, os servizos que se prestan aos usuarios e outras actividades propias da función que debe cumprir a Biblioteca Nacional de España.

Requisitos:
Ter rematado os estudos conducentes á obtención do título de grao, licenciado ou diplomado no curso 2011-2012 ou con posterioridade.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de febreiro de 2018.
Máis información no BOE do 6 de febreiro de 2018 e en www.bne.es