Bolsas de formación en arquivos de Galicia

06 Feb 2018

A Consellería de Cultura convoca 20 bolsas de formación en arquivos de Galicia.

Requisitos:
Ter licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que predomine a formación en Historia e/ou Arquivística.
Ter acreditado dominio da lingua galega a nivel de iniciación mediante título oficial.

As bolsas terán unha duración máxima de 6 meses.
O importe mensual de cada bolsa será de 895,05 €

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT110A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de marzo de 2018
Máis información no DOG do 6 de febreiro de 2018 e en http://arquivosdegalicia.xunta.gal/portal/arquivos-de-galicia/index.html