Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4

06 Feb 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Os cursos podrán ser presenciais ou cursos de teleformación.

Destinatarios/as dos cursos:
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de 16 anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.
Duración:
Cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media como máximo.

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 6 de marzo de 2018.
As solicitudes dos cursos están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código ED104B. As solicitudes poden presentarse de forma telemática ou presencial en oficinas de rexistro.
No caso dos cursos presenciais a solicitude dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda.
No caso dos cursos de teleformación a solicitude dirixirase á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Datas e horarios dos cursos:   https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-290118-0002_gl.pdf
Máis información no DOG do 6 de febreiro de 2018 e en http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga