Curso de Monitor de actividades de tempo libre en Porto do Son

31 Xan 2018

O Concello de Porto do Son organiza o Curso de Monitor de actividades de tempo libre (350 hs), formación que será impartida pola Escola Galega de Tempo Libre.
O curso consta dunha fase teórico-práctica de 200 horas lectivas, e outra práctica de 14 días de actividade intensiva nun campamento ou 150 horas nunha entidade de tempo libre.
O Concello facilitará a realización das prácticas nas actividades municipais.

Lugar e datas de realización:  En Porto do Son, do 24 de febreiro ata o 17 de xuño de 2018 (sábados e 5 domingos).
Febreiro: 24
Marzo: 3, 10, 17, 24 ,25
Abril: 7, 21, 28, 29
Maio: 5, 6, 12, 19, 26, 27
Xuño: 2, 9 16, 17
Horario:  De 9,00 a 14,00 hs. e de 16,00 a 21,00 hs.
Requisitos:
- Ter máis de 18 anos e, como mínimo, os estudos de Graduado en ESO.
- Presentar a solicitude para o curso (no momento de formalizar a inscrición), acompañada de:
· Fotocopia do DNI
· Fotocopia da titulación académica
· Fotocopia do abono bancario da matrícula
· 1 Foto tamaño carné
Cuota:  A cuota de asistencia ó curso é de 290 €, podendo facer o abono nun só ingreso, ou 140 € no momento da matrícula
- 50 € antes do 5 de marzo
- 50 € antes do 5 de abril
- 50 € antes do 5 de maio
Os alumnos empadroados en Porto do Son, en lugar de abonar unha matrícula de 140 € o farán de 110€ e as mensualidades serán de 40€. (totalidade do curso: 230€) para o que deberán adxuntar volante de empadronamento.

A matrícula deberá ingresarse na conta de Abanca: ES79 2080 0702 1130 4005 1068, indicando o nome do alumno/a e curso monitor Porto do Son, unha vez confirmada a praza.
* Nesta cuota inclúese o material, participación, apuntes e secretaría do curso.
* Non se inclúen as taxas de expedición do título.
Unha vez formalizada a inscrición non se aceptarán devolucións do importe da matrícula, e o alumno estará obrigado a abonar a cantidade total do curso.
Prazo de incrición:
Do 31 de xaneiro ata o 15 de febreiro, todas as persoas interesadas poderán facer a reserva de praza no curso. Son prazas limitadas (máximo 25) e outorgaranse por orde de inscrición.
O curso levarase a cabo cun grupo mínimo de 14 alumnos/as.
Confirmada a praza, terán unha semana para aboar a matrícula e presentar a documentación requerida.

Lugar para reserva de praza e inscricións:
Oficina municipal de xuventude
Teléfono: 981 767 589
omix@portodoson.gal